OBXECTIVOS
MICRO

  • Aumentar as capacidades e habilidades persoais de resistencia á bebida alcólica e ós determinantes dos comportamentos problemáticos relacionados coas mesmas.
  • Retrasar a idade de inicio do contacto co alcol.
  • Diminuí-lo seu consumo.
  • Mellora da calidade de vida do/da paciente alcohólico/a, a súa rehabilitación e prevención de recaídas.
  • Aceptación e entendemento da enfermidade por parte das persoas usuarias, tanto persoas enfermas como familiares
  • Tratar a problemática familiar e proporcionar tanto á persoa usuaria como á familia unha información clara.
  • Dar a persoa usuaria un apoio social por parte do grupo co fin de iniciar e consolidar a súa rehabilitación.
  • Potenciación da autoeficacia da persoa usuaria, axudándolle a recoñecer as situacións de risco e a utilización de actitudes alternativas para evitar novos consumos.

OBXECTIVOS
MACRO

  • Promover unha conciencia social sobre a importancia dos problemas, os danos e os custes persoais e sociais relacionados coa enfermidade alcólica, sobre a posibilidade real de evitalos e sobre a importancia de que a sociedade no seu conxunto sexa parte activa na súa solución.
  • Facilita-la incorporación á sociedade das persoas en proceso de rehabilitación, a través de programas de formación integral e de preparación e inserción laboral.
  • Garantir unha asistencia de calidade e adaptada ás necesidades particulares, a todas aquelas persoas directa o indirectamente afectadas polo consumo abusivo de alcol.
  • Desenrolar estudios de investigación co fin de aportar datos sobre os que asentar intervencións potenciais acerca do consumo, así como da prevención e o tratamento.
  • Potenciar a avaliación sistemática de programas e actuacións, como instrumento que permita validar as actividades realizadas.
  • Optimizar a coordinación e cooperación, tanto a nivel local con entidades do concello de As Pontes, como de entidades autonómicas e estatais, cuxo ámbito de intervención aborden a enfermidade alcólica.
  • Reducir ou limitar os danos ocasionados á saúde das persoas que consumen alcol de forma abusiva e, en xeral, os efectos sociais e sanitarios indesexables relacionados con su uso.