ADIANTE – Asociación de Persoas Alcólicas Rehabilitadas

A asociación de persoas alcólicas rehabilitadas ADIANTE fúndase no ano 1989 como necesidade de atención ás persoas alcólicas e os seus familiares en As Pontes (A Coruña).

 

ADIANTE actualmente promove e potencia a asistencia a persoas con problemática de adiccións e ás súas familias abordándoa dun xeito integral e multidisciplinar, ofrecendo un tratamento dende unha perspectiva bio-psico-social por medio de terapias de grupo e individuais.
Ocúpase e preocúpase de dar visibilidade a este colectivo na sociedade loitando contra a estigma que provocan as adiccións e tamén coa prevención das mesmas por medio de xornadas anuais, información e difusión sobre a enfermidade e un programa transversal nos centros educativos e con nais e pais da zona.

 

ADIANTE está integrada a nivel autonómico na Federación de Alcólicos Rehabilitados de Galicia (FARGA), e a nivel estatal na Confederación de Alcohólicos, Adictos en Rehabilitación y Familiares de España (CAARFE).